Novo proxecto para promover a dixitalización da PEME

mércores, 23 de febreiro do 2011 Marcus Fernández

CEPYME, Google, STRATO, MRW e Orange presentaron hoxe en Madrid o seu proxecto conxunto Conecta tu Negocio, coa colaboración Barcelona Activa, Emprendedores e Red.es, que ten coma obxectivo conseguir que milleiros de PEME españolas poidan ter unha experiencia en liña do seu negocio sen custos durante un ano, para que tomen a decisión de estrear presenza na Rede, así coma desenvolver e potenciar o seu negocio a través da Internet coma unha canle de negocio máis.
Conecta tu negocio consta de varias iniciativas como Take a web café (unha unidade móbil con ordenadores e material informativo na que profesionais guiarán aos empresarios nos pasos par desenvolver a súa páxina web que percorrerá 17 cidades españolas recalando en A Coruña a primeiros de xullo), seminarios integrados no programa formativo de Barcelona Activa e as confederacións territoriais de CEPYME (estando xa aberto o proceso de reserva de prazas para o seu paso por Pontevedra o vindeiro 17 de marzo) e un mapa interactivo no que consultar as páxinas web que se vaian dando de alta en cada provincia.
O proceso de creación de páxinas web para as PEME españolas é moi doado, coma pode verse no seguinte vídeo:

PUBLICIDADE