Google estrea aplicación para móbiles BlackBerry Storm

xoves, 25 de marzo do 2010 Marcus Fernández

Os usuarios dos terminais táctiles de RIM, a BlackBerry Storm e Storm2, poden finalmente gozar da aplicación Google Mobile, que permite realizar buscas mediante a voz (soportando inglés, chinés e xaponés), incluso para buscar entre o e-mail e os contactos do terminal, sen remitir ese tipo de información a Google.
A aplicación tamén incorpora funcións coma o historial de busca e Google Suggest, e tamén establece ligazóns a outros servizos de Google coma Google Maps e Gmail. Está dispoñible en 7 idiomas e en máis de 20 países.

PUBLICIDADE