Google Maps para Android permite ver os edificios en 3D

xoves, 16 de decembro do 2010 Marcus Fernández

A aplicación de Google Maps para Android vén de estrear a súa versión 5.0 con interesantes novidades, coma son a posibilidade de ver os mapas en 3D e facilitando a carga de contidos na caché para facilitar a visualización dos mapas fóra de liña ou simplemente para reducir a carga de datos dende as redes de telefonía móbil.
No que ás 3D se refire, estamos ante unha característica que impresiona especialmente en grandes cidades (máis de 100 polo momento), nas que, se movemos o mapa para darlle perspectiva, podemos apreciar a altura dos edificios, aínda que tamén podemos rotar o mapa utilizando 2 dedos, facer zoom multi-táctil e activar un modo compás no que o mapa da nosa posición xirará segundo a posición do noso terminal, facilitando a nosa orientación.
Para ver claramente estas novidades, dende Google publican o seguinte vídeo explicativo:

PUBLICIDADE