Google Listen, a nova aplicación de busca de audio para Android

venres, 21 de agosto do 2009 Marcus Fernández

Os Google Labs remataron unha aplicación para o sistema operativo móbil Android que permite buscar, subscribirse, descargar e escoitar mediante streaming podcasts e pezas sonoras, que polo momento só está a indexar son en inglés, aínda que a través da mesma pode atoparse contidos en español (e ata de Radio Nacional de España).
Google Listen polo momento só está dispoñible para Android porque trátase dunha ferramenta en desenvolvemento, de xeito que no futuro podería chegar a outras plataformas, aínda que a posibilidade de que chegue ao iPhone é toda unha incógnita (tras o rexeitamento de varias aplicacións de Google por parte de Apple nos últimos meses), o que incluso provoca bromas por parte dos responsables do programa.

PUBLICIDADE