Google Earth incorporará á lúa e Marte grazas a un acordo coa NASA

martes, 19 de decembro do 2006 Marcus Fernández

Google xa leva tempo permitindo o emprego do seu sistema de mapas para ver a superficie luar para facer un seguimento das expedicións Apolo, pero agora amplían o seu acordo coa NASA de xeito que co motor de Google Earth o usuario pode moverse pola superficie da lúa (ou de Marte) cunha impresionante perspectiva tridimensional que tamén permitirá facer seguimentos da Estación Espacial Internacional e as actividades dos transbordadores espaciais en tempo real.
Con este acordo achegan o traballo da NASA ó público en xeral, no que podería converterse nunha ferramenta de interacción entre humanos e ordenadores.

PUBLICIDADE