Google Earth incorpora información meteorolóxica de todo o mundo

luns, 12 de novembro do 2007 Marcus Fernández

A última versión de Google Earth incorpora novas capas gráficas para superpor sobre as imaxes aéreas de todo o mundo que resultan de grande utilidade, xa que corresponden á información meteorolóxica achegada da web Weather.com polo que podemos ver a nubosidade sobre calquera lugar do mundo, así como as temperaturas dunhas 50.000 cidades (sobre as que podemos facer clic para achegar máis información sobre o estado actual e a predición para as vindeiras horas).
A información amosada na capa meteorolóxica de Google Earth está actualizada cunha periodicidade que vai dende os 15 ós 60 minutos (segundo o dato en concreto), aínda parte da información está restrinxida só ós EE.UU. (coma os datos relativos ás imaxes de radar).

PUBLICIDADE