AOI

Deputacin de Pontevedra

O noso boletín por e-mail conta xa con 3033 lectores. ¡Subscríbete!
Código Cero

Diario de Novas Tecnolóxicas de Galicia

Google Chrome chega aos 2 anos de vida

venres 3 de setembro do 2010, por Marcus Fernández | | Compartir | |

PNG - 202.5 KB
Aparencia actual de Google Chrome

Aproximadamente cada 6 semanas a xente de Google lanza unha nova versión estable do seu navegador web, oficializando así as distintas innovacións que van incorporando ao mesmo, e coincidindo co 2º aniversario de Google Chrome botan a vista atrás e fan repaso dos múltiples cambios que experimentou a aplicación pasiño a pasiño.
O Google Chrome non só mellorou considerablemente o seu rendemento en 2 anos, senón que tamén estreou versións para Mac e para Linux, incorporou temas para o navegador, administrador de contrasinais, máis controis de privacidade, tradución automática, sincronización de varios axustes, extensións… e incluso chegou a integrar o Adobe Flash Player (para manter actualizado este elemento que, de non estar ao día, pode ser unha importante fenda na seguridade do sistema).

JPEG - 123.6 KB
Ilustración coa que renden homenaxe aos 2 anos de vida do Google Chrome
 

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.
Rúa Conxo de Arriba 49- 1 C
15706 Santiago de Compostela
Teléfono-fax:981 53 02 68
redaccion@codigocero.com

 RSS