Gol Televisión achega os seus contidos ao iPad e ao iPhone

martes, 6 de marzo do 2012 Marcus Fernández

As retransmisións deportivas a través da Internet teñen un novo vehículo, a aplicación para iPhone e iPad chamada Gol Stadium, que pode descargarse de balde, e que facilita ver de balde os resumos da Liga BBVA, da Champions League, da Liga Adelante, da Premier e da Copa do Rei, así como consultar as clasificacións e os resultados actualizados cada xornada; pero tamén abre a porta a contidos de pagamento de Gol Televisión (roldas de prensa, Edición Limitada, Planeta Axel, Gol Zap, La Liga Show, Premier World e Champions Magazine) que poden verse á carta, sendo tamén posible ver os seus partidos de fútbol en directo, por 14,99 euros/mes ou por 5,99 euros/partido. Os actuais clientes de Gol Televisión poderán gozar do servizo por 4,99 euros/mes.
A aplicación de Gol Televisión é diferente nas súas versións de móbil e de tablet, e está só dispoñible para España.

PUBLICIDADE