Gmail estrea aplicación para iOS

mércores, 2 de novembro do 2011 Marcus Fernández

Así loce a aplicación de Gmail para iPad

Google continúa coa súa sucesión de novidades, e non conformes con renovar a versión para web de Gmail achegando o servizo web de correo electrónico á estética de Google+, estrean aplicación oficial do mesmo para iOS, de xeito que os usuarios de iPhone, iPod Touch ou iPad poderán prescindir da aplicación de correo preinstalada nos seus terminais para facer uso da oficial de Gmail, o que implica vantaxes significativas como a recepción de notificacións de mensaxes novas, poder ler o correo en formato de conversa, organizar o correo mediante as funcións de arquivar, engadir etiquetas, destacar, eliminar e marcar como spam, facer seguimento das mensaxes importantes coa función Prioritarios, obter suxestións de nomes de contacto a media que se escriben mediante a función de autocompletar, enviar e recibir arquivos adxuntos e facer buscas en todo o correo.
A través desta aplicación tense unha experiencia de uso de Gmail máis próxima á da súa páxina web (o que valeulle duras críticas) ou á da aplicación de Gmail para móbiles Android, de xeito que tense un maior control das posibilidades do servizo de correo electrónico á vez que se aproveita o feito de estarmos ante unha aplicación nativa (para soportar, por exemplo, as notificacións ou a posibilidade de adxuntar imaxes da galería do dispositivo con iOS).
Gmail para iOS tamén soporta xestos táctiles, de xeito que se arrastramos cara abaixo a bandexa de entrada do correo actualizaremos o seu contido, podemos acceder ás distintas etiquetas dispoñibles arrastrando a bandexa de entrada á dereita e incluso podemos movernos rapidamente entre as mensaxes recibidas deslizando o dedo sobre as mesmas.
A aplicación que estrouse hoxe na App Store (con algún bug inicial) precisa de iOS 4 ou superior para funcionar e, polo momento, só soporta unha conta de correo.

PUBLICIDADE