Geohot recomenda non actualizar as PS3 ao firmware 3.21

martes, 30 de marzo do 2010 Marcus Fernández

Ante a proximidade dunha actualización da PlayStation 3 que eliminará o soporte de Linux no modelos vellos da consola de Sony, o popular experto en seguridade informática alcumado coma Geohot e que atopou unha vulnerabilidade na PS3 que podería chegar a permitir no futuro o uso de software caseiro (¿e copias de xogos) na consola que destacou por estar libre da piratería durante os seus primeiros 3 anos de vida, advirte aos interesados de que non actualicen a súa PS3 estes días, e que agarden a que habiliten unha solución que permita activar as funcións do novo firmware sen eliminar a posibilidade de instalar outro sistema operativo na consola.
Geohot tamén aproveita a ocasión para criticar duramente a Sony por crear o único produto que coñece que perde prestacións durante o seu ciclo de vida, pois hai que lembrar que os primeiros modelos permitían o uso de xogos de PlayStation 3, a reprodución de SACD e a instalación de Linux, algo que non é posible nas PS3 actuais.

PUBLICIDADE