Geeksphone bota o peche

xoves, 9 de xullo do 2015 Marcus Fernández

En 2009 unha compañía madrileña chamada Geeksphone atreveuse a comercializar o primeiro smartphone español con Android, atrevéndose logo a ser unha das compañías pioneiras do Firefox OS e apostando pola seguridade móbil con Blackphone, pero con estas iniciativas a compañía non conseguiu o volume de vendas que garantiría a súa viabilidade, polo que cesa as súas actividades, mantendo o servizo técnico a curto prazo para non deixar tirados aos usuarios actuais.
O produto que si podería ver a luz é a pulseira de actividade que mediría a actividade sexual que anunciaron hai uns meses, pois ao comercializarse como Geeksme, tería unha marca de seu, que permitiríalle explorar o nicho de mercado dos wearables. Haberá que ver se esta spin-off mantense a longo prazo ou segue os mesmos pasos que a compañía matriz.

PUBLICIDADE