One será o primeiro móbil español con Android
luns, 29 de xuño do 2009
O serán
do pasado sábado presentouse no marco do MeetUp
de and.roid.es en Barcelona o terminal telefónico One da madrileña GeeksPhone, que serÃa o primeiro
móbil europeo co sistema operativo Android que aposta por presentarse coma
un dispositivo aberto á súa personalización por parte do usuario.
O novo terminal baséase en hardware que xa está no mercado, pero adaptándose a
Android, e sairá á venda no outono a entre 250 e 300 euros, e entre as súas
caracterÃsticas estarÃan a incorporación do Android OS 1.5 (podendo integrar o
2.0 se sae a tempo), interface propia con widgets e temas, aplicacións
multimedia e ofimáticas de serie, funciona cun procesador Intel/Marvell PXA310
a 625 MHz, contará
con 256 Mb de RAM, conta cunha pantalla táctil resistiva de 3,2 polgadas
(aÃnda que tamén poderá manexarse a través dun trackpad termo-óptico),
EDGE/UMTS/HSDPA, Wi-Fi, A-GPS, Bluetooth, miniUSB, microSD-HC, cámara de 3,2
MpÃxeles con foto automático, cámara frontal para videoconferencia, acelerador
de vÃdeo integrado e sintonizador de TDT incorporado.
Hai que destacar que este móbil pretende venderse libre, cun hardware
personalizable (aÃnda que haberá que agardar para explorar o atractivo desta
posibilidade) e cun deseño aÃnda por rematar de definir (podendo distar do
prototipo que veñen de presentar.