Gears Tactics estrea versión para consolas Xbox
luns, 9 de novembro do 2020
O pasado mes de abril chegou
a ordenadores persoais o xogo Gears Tactics, tÃtulo de estratexia por
quendas ambientado no universo da franquÃa Gears of War, aÃnda que nun
tempo 12 anos anterior á primeira entrega da saga principal, de xeito que podemos
ver como foron os momentos nos que as cidades do planeta Sera comezaron a
sucumbir ante a ameaza da horda Locust.
Gears Tactics permÃtenos
controlar un escuadrón que deberemos mellorar e equipar ao longo de misións
para poder superar as agresivas batallas rápidas contra inimigos case
imparables e con xefes xigantescos que mudan por completo a escala da batalla.
AÃnda que este tipo de xogos son máis propios de PC, dende Microsoft
consideraron axeitado levalo a consolas, de xeito que agora podemos gozar de Gears
Tactics en Xbox One e incluso
está optimizado para Xbox Series X/S. O xogo inclúe Xbox Play Anywhere (ou
sexa, que podemos xogalo indistintamente en PC ou consola se o adquirimos a
través da tenda dixital de Microsoft) e os seus controis están adaptados tanto
a mando como a consola e teclado, permitindo esta última opción de manexo tamén
a consolas.
Ao estarmos ante un xogo de Xbox Games Studios, aparte de adquirilo por 69,99
euros, está incluÃdo dentro de Xbox Game Pass, claramente a opción máis
atractivo para achegarse a un tÃtulo que non convencerá necesariamente a todos
os seareiros da franquÃa, por afastarse da acción en terceira persoa que
caracterizaba ás aventuras de Marcus Fenix.
Tráiler de lanzamento da versión para consolas Xbox de Gears Tactics