Factura electrnica

Deputacin de Pontevedra

O noso boletín por e-mail conta xa con 3033 lectores. ¡Subscríbete!
Código Cero

Diario de Novas Tecnolóxicas de Galicia

GameStop vende a PlayStation 3 por un prezo a partir dos 229,98 euros

venres 12 de xuño do 2009, por Marcus Fernández | | Compartir | |

A PlayStation 3 de Sony resístese a reducir o seu prezo, e continúa a custar 399 euros, o que a deixa moi lonxe da súa principal competidora, a Xbox 360 de Microsoft, que no seu modelo básico está á venda por só 179,95 euros; entendemos así que mentres non chegue unha rebaixa oficial cadeas de tendas teñan que lanzar promocións pola súa conta, como GameStop, que vende a PS3 con disco duro de 80 Gb por 369,98 euros, aínda que se no momento da compra se entregan 5 xogos (de PS3, Xbox 360, Nintendo DS, PSP ou Wii que cumpran certas condicións) poderanse adquirir packs da consola con xogos por 229,98 euros.
Os xogos que incluiría esta promoción que dura ata o 30 de xuño serían Killzone 2, GT5 e Motorstorm, Resistance e Uncharted, GTA 4 e GT5 Prologue ou GTA 4 e Midnight Club Los Angeles. Por 5 euros adicionais tamén permite a adquisición do Pro Evolution Soccer 2008.
Á vista desta oferta parece probable que a PlayStation 3 baixe finalmente de prezo, o que podería darlle o pulo que necesita nun momento no que o consumo está a contraerse.

 

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.
Rúa Conxo de Arriba 49- 1 C
15706 Santiago de Compostela
Teléfono-fax:981 53 02 68
redaccion@codigocero.com

 RSS