Game lanza o primeiro plan renove de Xbox One X
xoves, 21 de xuño do 2018
Microsoft está a dar conta do primeiro
plan renove de Xbox One X, unha iniciativa da cadea de tendas Game a través
da que é posible facerse coa consola máis potente do mercado entregando outra
consola (xunto con accesorios e xogos que xa non se empreguen) para poder gozar
dun prezo bastante reducido. A promoción estará vixente até o 1 de xullo e
limitado a 1.000 unidades.
A Xbox One X é unha consola con capacidades 4K realmente potente e compacta,
que conta cun revolucionario sistema de refrixeración que a converte en todo un
portento tecnolóxico que facilita gozar dun inmenso catálogo de xogos, xa que
aparte dos tÃtulos ordinarios de Xbox One tamén é compatible con numerosos
xogos da Xbox orixinal e de Xbox 360, contando bastantes xogos con actualizacións
descargables para poder gozalos con maior resolución nesta moderna máquina.
Esta potente consola ten un prezo ordinario de 499,95 euros, pero entregando unha
PlayStation 4 Slim cun disco duro de 1 TB e o seu respectivo mando DUALSHOCK 4
pode conseguirse por só 189,95 euros, aÃnda que tamén pode aplicarse o desconto
con outras consolas PS4, Xbox One e Nintendo Switch, valorándose na tenda o
desconto a aplicar en cada caso.
Poder conseguir unha Xbox One X por menos de 200 euros é unha promoción
impresionante, pero semella bastante improbable que un usuario español vaia
desprenderse dunha PlayStation 4 para facerse cunha Xbox, e o salto de Xbox One
ou Xbox One S a Xbox One X (o que serÃa o renove
natural) non resulta tan atractivo economicamente, aÃnda que é unha
oportunidade moi boa para quen teña un televisor 4K e queira gozar duns
mellores gráficos e experiencia xeral na súa consola.