Galaecia.net conta xa con máis dun cento de internautas inscritos

luns, 4 de agosto do 2008 Raquel Noya

A edición de 2007 de Galaecia.net foi todo un éxito de asistencia

A partires do vindeiro día 8 de agosto terá lugar no recinto Fexdega de Vilagarcía de Arousa, a terceira edición da festa informática Galaecia.net, que este ano conta con 120 prazas e máis de 50 horas ininterrompidas de conexión a Internet.
A asistencia a esta party é de balde e os participantes terán á súa disposición duchas e unha zona de acampada para tendas tipo iglú. Como en todo evento destas características, a organización non proporcionará ordenadores máis si unha tarxeta de rede ethernet con conector RJ-45 para poder conectarse aos auriculares, así como unha toma de corrente por usuario.
Ao longo dos tres días que dura o encontro informático, os asistentes poderán chatear, navegar pola Rede, probar videoxogos, participar nos distintos concursos ou asistir aos relatorios e obradoiros que a organización tén previstos para amenizar o evento; estes últimos, serán impartidos por expertos das diferentes materias relacionadas co mundo da informática.
As resevas para acudir ó encontro informático arousán poderanse realizar a través da páxina web da Asociación Sil, onde os interesados anotarán os seus datos persoais e a hora á que teñen previsto chegar ao recinto (que deberá ser anterior ás 22.00 horas do día 8 de agosto). A partires desa hora, segundo vén de anunciar a organización, as reservas perden a súa validez e todas as prazas dispoñibles "poderán ser cubertas, por orde de chegada, por calquera dous usuarios que se acheguen ao recinto".

PUBLICIDADE