GOG.com regala o xogo Grim Fandango Remastered

mércores, 13 de decembro do 2017 Marcus Fernández

En 2015 o clásico de LucasArts Grim Fandango de 1998 estreou unha versión remasterizada que facilitaba o seu goce en equipos informáticos actuais, e para quen non se fixese aínda con esta historia de Manny Calavera, a tenda en liña GOG.com ofrece unha excelente oportunidade para conseguir o xogo, xa que dentro das súas ofertas de inverno inclúe Grim Fandango Remastered totalmente de balde, en vez dos 13,89 euros que custa habitualmente.
Pero este non é o único agasallo que fará GOG, xa que a tenda en liña, regalará aos seus clientes varios xogos en función do que gasten até o 26 de decembro (incluíndo dende xogos rebaixados até compras para GWENT) e así, quen gaste 12,69 euros durante estes días desbloqueará o xogo Hard West e con 33,89 euros de gasto conseguirase tamén Master of Orion.
Como curiosidade tamén venden estrelas a un prezo de 2,59 euros, que inclúen un xogo sorpresa valorado en bastante máis.

PUBLICIDADE