GOG.com celebra as rebaixas de verán regalando o xogo Torchlight

martes, 18 de xuño do 2013 Marcus Fernández

GOG.com, plataforma de venda de videoxogos sen protección DRM (coñecida anteriormente polo nome de Good Old Games), comeza as súas ofertas de verán, e para dalas a coñecer e achegar así a novos usuarios á súa tenda en liña ofrecen totalmente de balde por tempo limitado o popular xogo Torchlight de Runic Games, que é todo un referente do xénero de RPG de acción (estando considerado como o principal rival de Diablo). Fóra de oferta este xogo véndese a un prezo de 14,99 dólares.

Os xogos de Alan Wake teñen un 90% de desconto por tempo limitado

Outras importantes promocións vixentes en GOG.com serían os xogos da franquía Alan Wake, que hai pouco formaron parte dun Humble Bundle, cun 90% de desconto (quedando en só 4,48 dólares) e un importante lote de xogo de Dungeons and Dragons (con títulos das series Baldur’s Gate e Neverwinter Nights entre outros) cun 80% de desconto, ou sexa 10 xogos por 21,10 dólares.
Tamén poden adquirirse cun 50% de desconto os títulos Divine Divinity, Planescape Torment, SimCity 2000, Resonance, Carmageddon, Neverwinter Nights, Freespace 2, The Witcher 2 e Alpha Centauri.


Vídeo da promoción na que ofrécese o xogo Torchlight de balde

PUBLICIDADE