GAME oferta a PS4 de 1 TB con 5 xogos por 399,95 euros

mércores, 2 de decembro do 2015 Marcus Fernández

Pese a que as consolas de videoxogos tiveron interesantes descontos durante o Black Friday, algunhas tendas gardaron interesantes promocións para a campaña de Nadal, como demostra hoxe a cadea de tendas GAME, que presenta un atractivo lote coa consola PlayStation 4 cun disco duro de 1 TB e 5 xogos por só 399,95 euros, aspirando a converterse nun claro obxecto de desexo que figurará en moitas cartas aos Reis Magos.
O GAME MegaPack está dende hoxe dispoñible en todas as tendas GAME e, aparte da consola de nova xeración de Sony, inclúe 5 xogos remasterizados, ou sexa, títulos que inicialmente saíron para PlayStation 3 (e que para moitos están considerados como os mellores xogos para esa plataforma) e que agora poden gozarse na PS4, como son The Last of Us, God of War 3, Uncharted: El tesoro de Drake, Uncharted 2: El reino de los ladrones e Uncharted 3: La traición de Drake. Os compradores deste lote tamén poderán gozar entre os días 4 e 13 de decembro do acceso exclusivo á beta multi-xogador de Uncharted 4: El desenlace del ladrón.

Vídeo promocional do GAME MegaPack

PUBLICIDADE