Fusión+ cunha liña móbil só subirá de prezo para novos clientes

luns, 6 de febreiro do 2017 Marcus Fernández

Na factura que recibiron os clientes de Movistar Fusión+ 2 en decembro comunicábaselles que o 5 de febreiro mudarían as condicións do servizo contratado incrementando o seu prezo e compensando tal suba pasando o volume de datos móbiles de 3 a 8 GB en cada liña, pero quedaba por saber o que acontecería cos clientes de Movistar Fusión+ que tivesen só unha liña telefónica móbil con 3 GB de datos ao mes, e finalmente a estes clientes conservaránselles as condicións contratadas, aínda que o servizo si subirá de prezo 5 euros/mes para novos clientes, que non terán a opción de contratar só 3 GB de datos no móbil, senón que gozarán de 8 GB de datos por cada liña móbil (coa posibilidade de compartir o volume de datos entre as distintas liñas, ou sexa, que inicialmente terían 16 GB a compartir entre 2 liñas móbiles).

PUBLICIDADE