Fundamentos Web 2006 achega a Oviedo o debate sobre o estado actual da Internet

martes, 3 de outubro do 2006 Marcus Fernández

Richard Ishida falando sobre os aspectos culturais no deseño webDo 3 ó 5 de outubro celébrase en Oviedo o congreso Fundamentos Web 2006, que sirve de punto de encontro para expertos na Rede de toda España e contando unha importante presenza internacional, entre a que destacan unha intervención por videoconferencia de Vinton G. Cerft (un dos pais da Internet).
A organización destacou por saber atender ás demandas dos asistentes, que contarán con conectividade Wi-Fi durante o encontro, e para os que non se poidan achegar ó recinto tamén se permite o seu seguimento a través da Internet a través dunha retransmisión de vídeo en directo cunha calidade abraiante (352 x 288 píxeles a 1 Mbps, o que permite unha correcta visualización a pantalla completa) que corre por parte do xornal El Mundo, que tamén fai un seguimento do evento a xeito de blog.
Bob Regan falando durante Fundamentos Web 2006Os distintos gurús asistentes ó evento tratan temas como a Internet para dispositivos móbiles, os microformatos, o novo navegador de Microsoft, os aspectos culturais no deseño de páxinas web, as novas aplicacións webs e incluso un aspecto social da web. Este último tema será o eixo do coloquio estrela do congreso, que contará coa presenza de Enrique Dans, Ben Hammersley (tecnólogo que bautizara o termo podcasting), Bernardo Hernández (director de marketing de Google España) e Juan Varela moderados por Gumersindo Lafuente (ex-director de ElMundo.es).

PUBLICIDADE