Fring estrea videoconferencia grupal dende o iPad

martes, 28 de xuño do 2011 Marcus Fernández

O servizo de comunicación móbil Fring continúa a adiantarse aos seus competidores e convértese na primeira solución de balde en ofrecer videoconferencia de balde para o iPad, de xeito que pódese establecer unha comunicación en vídeo con ata 4 amigos á vez a través de distintos dispositivos nos que Fring está presente (como o iPhone e móbiles con Android ou de Nokia) a través de distintos tipos de conexións (Wi-Fi, 3G ou 4G).
Dende Fring quixeron aproveitar as 9,7 polgadas da pantalla do iPad para achegar unha experiencia diferente para a videochamada, aproveitando as súas funcionalidades táctiles (con funcións de arrastrar e soltar, ou incluso facilitando o chat de texto en paralelo) e facendo uso da súa tecnoloxía propietaria DVQ para conseguir unha calidade de imaxe bastante boa.
Aparte da videochamada em grupo, Fring par aiPad tamén facilita a videoconferencia a dous, as chamadas con VoIP e o chat de texto.


Orixinal vídeo de presentación da nova versión de Fring para o iPad

PUBLICIDADE