Flickr 1.2 incorpora cambios coa vista posta no iPhone 4

luns, 19 de xullo do 2010 Marcus Fernández

O servizo de almacenamento e publicación de imaxes de Yahoo!, Flickr, conta cunha aplicación nativa para os terminais móbiles de Apple, que vén de estrear versión 1.2, o que agradecerán especialmente os usuarios do iPhone 4, pois aparte de xestionar imaxes dende o móbil, engadiu a posibilidade de publicar vídeos en alta definición (lembremos que o iPhone 4 é capaz de captar vídeo a 720p). A interface da aplicación tamén mudou lixeiramente e incorporou o soporte de iOS 4.0, de xeito que é posible cargar as fotografías a Flickr en segundo plano, o que é moi de agradecer.
Flickr 1.2 continúa a ser unha aplicación de balde dispoñible na App Store.

PUBLICIDADE