Firefox 7.0 optimiza o uso da memoria e mellora a súa velocidade

martes, 27 de setembro do 2011 Marcus Fernández

A Fundación Mozilla vén de publicar oficialmente para Windows, Mac OS e Linux a versión 7.0 do seu navegador web Firefox, que promete unha experiencia de navegación máis rápida e un uso da memoria máis eficiente, o que agradecerán especialmente os usuarios que tendan a abrir numerosas lapelas dentro da aplicación e empreguen o navegador durante moitas horas seguidas (mentres que versións anteriores tendían a engordar no seu consumo de memoria RAM, facendo que a aplicación fose cada vez máis lenta).
O Firefox 7.0 tamén inclúe novas ferramentas de desenvolvemento web, mellora o rendemento de animacións e xogos en HTML5 e tamén soporta unha API que permite que os desenvolvedores poidan medir o tempo de carga e a velocidade de carga dunha páxina web (o que pode axudar para optimizar a carga das aplicacións web).

PUBLICIDADE