SICON

Deputacin de Pontevedra

O noso boletín por e-mail conta xa con 3033 lectores. ¡Subscríbete!
Código Cero

Diario de Novas Tecnolóxicas de Galicia

Firefox 10 chega a escritorios e móbiles

xoves 2 de febreiro do 2012, por Marcus Fernández | | Compartir | |

O navegador web da Fundación Mozilla chegou nos últimos días á versión 10, continuando co ritmo de actualizacións previsto, de xeito que xa podemos descargalo en galego para Windows, Mac OS X ou LInux, podendo así gozar de novidades coma o feito de que o botón de avanzar está desactivado ata que nos movemos a unha páxina anterior, mellora a compatibilidade coas extensións do programa (para que non teñan que actualizarse cada 6 semanas para pillar o ritmo do navegador), inclúe suavizado en WebGL, soporta transformacións 3D en CSS3, mellora o soporte de HTML5 (facilitando a creación de aplicacións web a pantalla completa) e arranxa numerosos fallos detectados.
Pero o que tamén resulta destacable da nova versión do Firefox, é que tamén chega simultaneamente ao Android Market, de xeito que os usuarios con móbiles co sistema operativo de Google tamén poden gozar de Firefox 10, actualización que fai máis doada a configuración de Firefox Sync, inclúe suavizado para WebGL, incorpora capas aceleradas en OpenGL ES, mellora o soporte de HTML5 e soluciona algúns problemas detectados. De todos os xeitos continúa a ser unha ferramenta que presenta moitos fallos en dispositivos móbiles, cun rendemento moi mellorable, bloqueos en numerosas ocasións e menos posibilidades que o navegador web incluído por defecto na meirande parte de terminais.

 

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.
Rúa Conxo de Arriba 49- 1 C
15706 Santiago de Compostela
Teléfono-fax:981 53 02 68
redaccion@codigocero.com

 RSS