Fíltranse detalles do vindeiro videoxogo de South Park

luns, 7 de maio do 2012 Marcus Fernández

Para finais de ano agardábase o lanzamento dun xogo de rol baseado na serie de televisión South Park desenvolvido por Obsidian, e finalmente sabemos o seu nome grazas á súa publicación accidental no Bazar de Xbox LIVE, que será South Park: The Stick of Truth.
Este xogo terá versión para Xbox 360, PlayStation 3 e PC, os seus gráficos serán moi semellantes aos da serie de televisión e a súa sinopse sería a que segue: “dende os perigoso campos de batalla da zona de xogos de cuarto grado, un novo heroe levantarase, destinado a ser o salvador de South Park. Dos creadores de South Park, Trey Parker e Mat Stone, chega unha épica aventura para converterse en... guai”.

O xogo amosará unha aparencia moi semellante á da serie de televisión

PUBLICIDADE