Filmes e programas de TV incorpora o soporte para ficheiros de subtítulos externos

venres, 4 de marzo do 2016 Marcus Fernández

A aplicación Filmes e programas de TV incluída en Windows 10, é un sinxelo reprodutor multimedia que facilita a reprodución e administración da nosa colección persoal de vídeo, permitindo tamén reproducir películas e programas de televisión adquiridos a través da Tenda de Películas e TV do sistema operativo de Microsoft, e que nas últimas horas estreou unha interesante actualización que habilita o uso de substítulos, facilitando a carga dos mesmos dende ficheiros externos da nosa elección, podendo facerse o cambio do ficheiro de subtítulos ao voo, ou sexa, sen ter que reiniciar a reprodución do vídeo que esteamos a ver.
Deste xeito, este reprodutor de vídeo tan minimalista pode gozar dunha prestación moi demandada polos usuarios, que en moitas ocasións ven contidos en linguas non nativas, polo que agradecen a posibilidade de cargar ficheiros de subtítulos para facilitar a comprensión de películas e series de televisión.

PUBLICIDADE