Files Go permite localizar ficheiros no noso móbil

venres, 23 de marzo do 2018 Marcus Fernández

Unha das aplicacións máis prácticas para dispositivos móbiles dos últimos anos, Files Go, que facilita dende a transferencia rápida de arquivos entre smartphones até a liberación de espazo no noso dispositivo, está a renovarse, e dende Google queren destacar que agora incorpora tres novas funcionalidades: busca de arquivos (poderanse localizar ficheiros no móbil coma quen busca na Internet, incluíndo resultados instantáneos, historial de busca, autocompletado e filtros), amosar a localización dos duplicados (poderemos saber onde están os documentos duplicados no móbil antes de borralos) e borrar fotografías e vídeos dos que teñamos copia na nube (Files Go sincronízase con Google Fotos para detectar os ficheiros dos que teñamos copia na nube de Google para proceder ao seu borrado en local e así aforrar espazo no móbil).

PUBLICIDADE