Fernández Iglesias visitou o novo Plató Chroma Key en Xuventude Galiza Net

venres, 14 de marzo do 2008 Marcus Fernández

O director xeral de Comunicación Audiovisual, Manuel José Fernández Iglesias, visitou o stand da exposición Galiciadixital instalado no encontro XuventudeGaliza.Net

O director xeral de Comunicación Audiovisual, Manuel José Fernández Iglesias, visitou esta mañá durante o encontro Xuventude Galiza Net a exposición na que se atopa o novo Plató Chroma Key que se incorporará á exposición itinerante Galiciadixital.
O plató é un divertido espazo onde se poden situar os visitantes para moverse fronte a unha cámara de vídeo que recolle a súa imaxe para insertala nun decorado virtual a elixir (coma pode ser un mapa de predición meteorolóxica). Amais, os participantes recibirán un DVD coa gravación das escenas que protagonicen.
A exposición tamén conta cunha pantalla na que se proxectarán diferentes películas en 3 dimensións e cunha mesa virtual na que se pode percorrer Galicia a través das súas festas, utilizando distintos medios de transporte coma un barco, un tren ou un coche.

PUBLICIDADE