Fall Guys non chegará a Switch e Xbox o vindeiro verán
venres, 30 de abril do 2021
O pasado verán o xogo Fall
Guys converteuse en todo un fenómeno de masas coas súas versións para PlayStation
4 e PC,
e confiábase en que, superado o prazo dun ano dende o seu lanzamento chegase a
novas plataformas como Nintendo Switch e consolas Xbox, pero finalmente estes
lanzamentos veranse adiados, polo que non veremos o xogo en novas consolas
no verán, retraso que dende Mediatonic aseguran que é principalmente
consecuencia da adaptación aos novos recursos que teñen dispoñibles tras a
compra deste estudio por parte de Epic Games.
Pero non todo son malas novas, senón que ao anunciar que haberá que ser
pacientes para ver Fall Guys en Switch e Xbox confirmaron un detalle moi
importante: o xogo terá xogo cruzado. Ou sexa, que os responsables do xogo van
aproveitar o tempo de desenvolvemento adicional para que cando chegue a novas
máquinas sexa posible xogar indistintamente nas plataformas nas que o xogo está
dispoñible, o que facilitará o crecemento da súa comunidade de usuarios, xa que
non segregará aos amigos en función da consola que teñan.