Facebook probará a súa alternativa ao Gústame en Irlanda e España

xoves, 8 de outubro do 2015 Marcus Fernández

O mes pasado Mark Zuckerberg recoñecía nunha sesión de preguntas e respostas que finalmente estaban a traballar nunha alternativa o tradicional Gústame de Facebook, e hoxe confirman que van iniciar as súas probas, curiosamente en Irlanda e España, polo que poderemos ser testemuña de primeira fila das Reactions, que é como se chamará esta no extensión do botón de Gústame, e que facilitará novos xeitos de compartir o noso parecer ante unha publicación en Facebook.
Estamos ante unha proba de campo para comprobar principalmente o impacto que tería esta nova funcionalidade á hora de ponderar as publicacións, de xeito que espérase que nos vindeiros días as entradas nas que os usuarios apliquen reaccións gañarán unha maior visibilidade, xa que o sistema interpretará que os usuarios que se molestan en facer tal teñen un maior interese nese tipo de contidos.
Facebook quere principalmente aprender do impacto que terá esta funcionalidade antes de lanzala a nivel mundial, e incluso os administradores de Páxinas de Facebook poderán ver nas súas estatísticas as reaccións que amosan os usuarios, o que tamén poderá serlles de grande utilidade.
Polo momento non detallan canto durará a fase de proba de Reactions, pero espérase que tras a mesma trasladen esta demandada funcionalidade a todos os usuarios de Facebook.

As reaccións representaranse a través de iconas animadas


ACTUALIZACIÓN (9-10-2015): Se queremos probar as Reaccións de Facebook debemos ter configurado Facebook en español, xa que na versión en galego non aparece a funcionalidade en probas.

PUBLICIDADE