Facebook mellora a súa aplicación para iOS facéndoa 100% nativa
xoves, 23 de agosto do 2012
Os usuarios de iPhone recibiron esta noite unha grata
sorpresa en forma de actualización da
aplicación para iOS de Facebook, que é froito de meses de traballo para asÃ
conseguir unha ferramenta moito máis áxil grazas a que foi feita
dende cero para ser unha aplicación totalmente nativa, o que na práctica supón
dobrar a súa velocidade, o que resulta notable no momento de abrir a
aplicación, de consultar o fluxo de novas e cargar as notificacións. Os
desprazamentos polas publicacións tamén é máis suave, e as entradas aparecen
máis rápido.
A visualización de fotografÃas tamén mellorou, e unha das melloras máis
importantes da aplicación é que agora conta cunha banda superior (banner) na que informarase da chegada de
novas historias sen que haxa que desprazarse co dedo para consultar se hai
novidades.
Cómpre destacar que pese a estarmos ante unha aplicación totalmente nova, esteticamente
apenas mudou, de xeito que os usuarios non terán problemas para afacerse a ela.
Curiosamente hoxe tamén se renovou a aplicación
de Facebook para Android, pero neste caso os cambios son menores, e
continuamos a estar ante unha aplicación moi inferior á dispoñible dende iOS e,
de feito, dende
Facebook van a forzar aos seus desenvolvedores a utilizar móbiles con Android
para que coñezan a fondo as eivas da súa aplicación para tal plataforma e fagan
un maior esforzo en mellorala.
- Asà é a aplicación de Facebook para iPhone e iPod Touch