Facebook Home estréase en Google Play

venres, 12 de abril do 2013 Marcus Fernández

Para promover un maior uso de Facebook no móbil Mark Zuckerberg presentou Facebook Home a primeiros de mes, propoñendo a súa plataforma social como corazón da interface de usuario para os móbiles con Android, prestación que dende hoxe vén de serie cos móbiles HTC First, pero da que tamén pode gozarse dende hoxe en terminais HTC One X+, Samsung GALAXY S III e Samsung GALAXY Note II (e máis adiante no HTC One e no Samsung GALAXY S4) pois incorporouse como descarga de balde en Google Play.
Facebook Home asegura dar prioridade aos amigos no móbil (en vez de ás aplicacións), de xeito que con só acender o smartphone pode verse en secuencia as publicacións e fotografías dos amigos na páxina de inicio, contando tamén con accesos directos ás aplicacións máis importantes e ás notificacións. Esta interface de usuario tamén facilitará o uso de Facebook Messenger mentres se está a utilizar outras aplicacións a través dunhas burbullas de chat que son un dos grandes atractivos desta solución que dá ás conversas de Facebook o mesmo peso que ás mensaxes de texto recibidas no móbil.

Aparte de funcionalidades de Facebook, en Home tamén contamos cun lanzador de aplicacións

PUBLICIDADE