FX Interactive comercializará Hollywood Monsters 2

xoves, 14 de abril do 2011 Marcus Fernández

Tras o éxito de Hollywood Monsters e a triloxía Runaway, con máis dun millón de unidades vendidas en todo o mundo, a xente de Pendulo Studios volve á carga con Hollywood Monsters 2, xogo coñecido internacionalmente como The Next Big Thing, e que FX Interactive trae a España traducido e dobrado por só 19,95 euros, que inclúe a primeira entrega da saga na súa Edición Coleccionista FX, así como un manual a toda cor, unha Guía Oficial (coa solución do xogo paso a paso) e con atención ao cliente en español (incluíndo pistas por teléfono).
Esta nova aventura fai uso da tecnoloxía Cartoon Shading, ten gráficos de alta definición, conta con máis de 120 escenarios ilustrados a man, un nutrido grupo de personaxes (Drácula, Frankenstein, o Home Invisible, Igor, a Momia…) e unha historia repleta de comedia, terror, misterio… na que non aforran en homenaxes a clásicos do cine como Taxi Driver, American Beauty, Blade Runner, X-Men, Malditos Bastardos…

O xogo conta con multitude de personaxes propios do cine de terror

PUBLICIDADE