FX Interactive comercializa o seu primeiro xogo para Xbox 360

luns, 12 de decembro do 2011 Marcus Fernández

FX Interactive leva anos demostrando que a prezos axustados é posible vender videoxogos en España, destacando polas súas coidadas edicións nas que os diferentes títulos veñen non só traducidos ao español, senón tamén dobrados, e agora queren levar este bo facer dos xogos para PC ás consolas de videoxogos, estreándose con Tropico 4, título que hai poucas semanas estaba dispoñible para ordenadores e finalmente tamén estará dispoñible para Xbox 360 a un prezo de só 29,95 euros, incluíndo de balde o contido descargable Bonus Pack.
Tropico 4 foi recoñecido como o mellor xogo de estratexia do ano na feira de videoxogos E3 2011, por combinar con éxito distintos xéneros: estratexia en tempo real, City Builder, Sim e Tycoon. Este título reta ao xogador a protagonizar unha intensa campaña co ascenso ao poder, a traizón e a vinganza como ingredentes principais, como podemos ver no seguinte trailer da súa versión para PC:


Tropico 4 é un completo xogo de estratexia que combina distintas mecánicas
No xogo poderemos construír un imperio no Caribe

PUBLICIDADE