FX Fútbol porase á venda o 8 de maio
luns, 15 de abril do 2013
O sucesor espiritual do PC Fútbol de Dinamic Multimedia, FX Fútbol, avanza cara o seu lanzamento,
polo seu os afeccionados a este tipo de xogos que queiran rememorar tal clásico
para PC poderán mercar o novo tÃtulo de Juegos FX a partir do
vindeiro 8 de maio a un prezo de 19,95 euros, ou sexa, que dá a impresión
de que non só será fiel ao orixinal en filosofÃa, senón tamén en polÃtica de
prezo.
Actualmente FX Fútbol está en fase de
probas, o que permitiu que moitos medios especializados como IGN España e
Mundogamers
puidesen botarlle un ollo e compartir cos seus lectores o que ofrecerá a
versión 1.0 deste xogo de fútbol que busca sentar unhas bases para continuar a
súa evolución nos vindeiros anos.
O xogo centrarase na xestión do equipo, de xeito que as tácticas non serán tan
importantes como noutros tÃtulos. Os xogadores experimentarán un rendemento
dinámico e aseguran que FX Fútbol 1.0
en profundidade dabondo para que non chegue con xuntar un bo cadro de xogadores
para gañar todos os encontros.
Comparándoo coas últimas entregas de PC
Fútbol teriamos un xogo máis sinxelo, en boa medida para ir asentando as
súas mecánicas, pois non podemos esquecer que estamos ante unha primeira
entrega que ten que avanzar con paso firme para consolidarse. Tamén cómpre
destacar varias grandes eivas do xogo, como o feito de lanzarse practicamente
coa liga rematada, carecer de licenzas e só permitir empregar a equipos de
primeira e segunda división (aÃnda que conta cun editor que facilitará que os
usuarios constrúan os seus equipos dun xeito rápido e doado).