FX Fútbol entra en beta

venres, 15 de marzo do 2013 Marcus Fernández

FX Interactive vén de anunciar que o seu prometedor xogo FX Fútbol, herdeiro espiritual do clásico PC Fútbol, entrou xa na súa fase de probas, que será o último paso antes de chegar ás tendas de videoxogos de toda España. Aproveitan a ocasión para dar conta dalgunhas posibilidades do xogo, que permitirá controlar a un club grandeno modo Mánager participando en competicións nacionais e europeas, ou optar por un reto maior no modo Desarío, no que haberá que comezar a carreira nun equipo modesto que pode chegar a converterse en campión de Europa. O xogo permitirá decidir o once inicial dos partidos e pór en práctica as tácticas que queiramos e que poderemos comprobar se funcionan sobre o terreo de xogo, sen deixar a un lado a xestión do club (fichando a estrelas, ampliando o estadio ou elixindo a un bo equipo técnico e directivo).
Este mánager opta por un manexo intuitivo que pretende ser moi accesible a calquera afeccionado; ten un editor para crear o equipo dos nosos soños personalizando xogadores, equipamentos e escudos; os mellores futbolistas poderán gañar a súa Pro-Card, decisiva no seu rendemento e no dos seus xogadores; as xestións do club poderán monitorizarse a través do sistema TMI; e cando se deciden os partidos entre en xogo unha eCam (emotion camera) para poder ver o desenlace da xogada.

O desenlace dos encontros poderá seguirse con detalle

PUBLICIDADE