FIFA 12 incorporará un novo motor de colisións
venres, 27 de maio do 2011
Despois do verán chegarán os inevitables videoxogos de fútbol, e como vén a
ser habitual, os seus estudos de desenvolvemento volven a prometer que
incorporarán numerosas novidades que no quedarán nunha mera actualización das
bases de datos de xogadores e equipos. Pero aÃnda que parece evidente que na
presente xeración de consolas as dúas franquÃas de referencia non van
experimentar un cambio de motor que supoña un salto evolutivo, algunhas
melloras poden suplir tal carencia, como o novo motor de
colisións de xogadores que vai incorporar o FIFA 12.
Dende EA Sports aseguran que o novo motor de fÃsicas vai mudar profundamente o
seu simulador deportivo, pois o Impact
Engine dotará de realismo ás entradas e aos choques entre xogadores, de
xeito que agora os resultados das loitas polo balón decidiranse analizando distintos
factores (velocidade, peso, forza, postura…) para decidir a resolución dunha xogada
e se esta remata en lesión (en vez de empregar un mero contador de caÃdas).
Esta prestación só estará dispoñible nas versións de Xbox 360 e PlayStation 3
do xogo.
Para facernos unha idea do que supón esta mellora, podemos ver o Impact Engine
en acción no seguinte vÃdeo:
FIFA 12 tamén mellorará a súa
xogabilidade, centrándose nos regates de precisión (engadindo un maior realismo
ao toque do balón en espazos curtos) e a defensa táctica (que dará maior
importancia ao aspecto estratéxico da mesma). Os xogadores tamén contarán con Intelixencia Avanzada, de xeito que as
súas habilidades e puntos fortes afectarán ás súas decisións no xogo.
- O xogo promete múltiples melloras máis aló do Impact Engine