FACUA critica que a SETSI non tome medidas ante as portabilidades defectuosas

martes, 16 de agosto do 2011 Marcus Fernández

Tras recibir a primeira resposta da Secretaría de Estado de Telecomunicacións e para a Sociedade da Información (SETSI) en relación a unha reclamación sobre un erro de portabilidade, FACUA critica que o organismo público non está a tomar medidas para protexer os dereitos dos usuarios que denuncian irregularidades.
FACUA asegura ter presentado denuncias á SETSI e á CMT sobre as anomalías nas actualizacións das bases de datos que rexen o enrutado de números de teléfono, o que provoca que números portados permanezan invisibles (ao chamar aos mesmos escóitase unha locución que indica que o número non existe), casos nos que a SETSI non entende que haxa responsabilidade nin no operador doante nin no receptor, sen investigar os casos, o que contrasta co parecer de FACUA, que entende que debería indemnizarse aos usuarios prexudicados e establecerse mecanismos de control para evitar este tipo de incidencias.
Tamén explican que este tipo de fallos son moi complicados de detectar por parte do usuario final, xa que só o coñecen cando un usuario dunha operadora de telefonía o informa de que non pode comunicar con el (por culpa de que a súa compañía non actualizou debidamente os seus sistemas) e incluso tras notificar a incidencia tamén hai moitas demoras na súa solución.

PUBLICIDADE