Expocoruña acollerá en maio unha xornada sobre márketing na Internet

xoves, 8 de abril do 2010 Marcus Fernández

O vindeiro 28 de maio o recinto de Expocoruña dará acubillo á primeira xornada B-Web, que a través de relatorios e casos prácticos tratará das oportunidades que a tecnoloxía achega ás empresas no tocante á súa imaxe e relacións comerciais, para que contarán con expertos na materia coma Enrique Dans, Rubén Bastón, Xosé Ramón Nóvoa, Nico Castro, José Manuel Alarcón ou Daniel Seijo.
A xornada irá dirixida aos profesionais do sector da imaxe, o márketing ou a publicidade que queiran mellorar o seu aproveitamento da Rede. Aínda non é público o seu programa completo, nin está aberto o seu prazo de inscrición, pero podemos adiantar que trátase dun evento de pagamento (custará uns 100 euros por persoa).
Para máis información pode seguirse un perfil que crearon en Facebook.

ACTUALIZACIÓN (12-4-2010): O evento conta cunha páxina en Facebook dende a que poder informarse puntualmente sobre o mesmo.

PUBLICIDADE