Estréanse 3 novas OMV

luns, 16 de xuño do 2008 Marcus Fernández

As Operadoras Móbiles Virtuais (OMV) parecen querer posicionarse de cara ao período estival, e nos últimos días soubemos da publicación das tarifas de 3 novas operadoras: XL Móvil, Cable Móvil e MundiMóvil.
MundiMóvil sería unha operadora orientada a estranxeiros, que funciona grazas á colaboración de KPN, e conta cunha tarifa única de 12 céntimos/minuto a calquera destino español (ou 6 céntimos/minutos entre clientes da nova operadora), pero que sorprende por ter tarifas de 10/15 céntimos/minuto a teléfonos fixos a moitos países (ou de 25 céntimos/minuto a moitos móbiles internacionais).
XL Móvil nace hoxe mesmo, ofrecendo chamadas a 12 céntimos/minutos, SMS a 12 céntimos e MMS a 50 céntimos, que neste caso opta por distribuírse a través das axencias de Viaxes Marsans (ou directamente na súa páxina web). A operadora funcionará a través da infraestrutura de Orange.
E finalmente, Cable Móvil é unha nova OMV lanzada por The Phone House e dirixida a operadoras locais de cable (actualmente funciona en Valladolid, Cidade Real, Albacete, Alacante, Murcia, Huelva e Cádiz) e sorprende con chamadas a 20 céntimos/minutos, elevado prezo que compensan con chamadas do mesmo operador a 0 céntimos e a fixos da empresa a 3 céntimos.

PUBLICIDADE