Espinete terá videoxogo para NES
martes, 1 de agosto do 2017
O amor polo videoxogos retro
leva a algúns entusiastas a seguir creando xogos para plataformas que
poderiamos considerar obsoletas, conservando incluso as mecánicas de xogo da
época, e dentro desta corrente destacan The
Mojon Twins, que realizan numerosas creacións para ZX Spectrum, Amstrad
CPC, Megadrive... ou a primeira Nintendo, consola para a que están a ultimar un
novo xogo de plataformas protagonizado por unha das grandes iconas da cultura
popular dos tempos da NES: Espinete.
O personaxe de Barrio Sésamo xa
fixera acto de presenza no orixinal produto que The Mojon Twins lanzara como
agasallo de Reis (Gran
SabidurÃa, unha homenaxe aos cartucho multixogo que nesta ocasión
incluÃda 31 xogos) e agora contará cun tÃtulo de seu, no que Espinete terá que
percorrer numerosos niveis coa súa correspondente música de fondo que lembrará
a moitos xogadores a súa infancia.
Este xogo, inspirado no clásico Rainbow
Islands, achegará a súa beta ao público da Gamescom e poderá
probarse en España por primeira vez no marco da vindeira edición de
RetroZaragoza.
- Imaxe do minixogo de Espinete incluÃdo no cartucho 31-en-1 Gran SabidurÃa