España xa conta cun parque de 500.000 consolas Xbox 360

venres, 30 de xaneiro do 2009 Marcus Fernández

A guerra das consolas de videoxogos saíu da campaña de Nadal confirmando o descenso interanual en vendas da PlayStation 3 (que xa vendía pouco) e cunha boa saúde para Nintendo, pero a Xbox 360 de Microsoft tamén soubo xogar ben a baza do seu prezo (é a consola máis barata de nova xeración) de xeito que incluso en España (mercado tradicionalmente fiel a Sony) incrementou as súas vendas un 128% con respecto ao Nadal de 2007, conseguindo chegar os medio millón de unidades vendidas no Estado, marca que non agardaban superar ata xuño de 2009.
Hai que destacar que en decembro a Xbox 360 estaba acompañada de grandes títulos coma Gears of War 2, aínda que o xogo que máis vendeu foi o Lips, dando a entender que o xogo casual tamén pode atopar un espazo en plataformas consideradas coma hardcore.

PUBLICIDADE