Enredad@s: xornadas sobre mocidade e Internet

martes, 17 de outubro do 2006 Marcus Fernández

O Consello da Xuventude de Galicia, xunto coa Dirección Xeral de Comunicación Audiovisual, organiza unhas xornadas sobre a mocidade e Internet baixo que baixo o título de Enredad@s quere achegar ós participantes a unha Rede máis activa e participativa, ampliar o coñecemento sobre políticas positivas e recursos dispoñibles dirixidos a persoas emprendedoras, contemplar as estratexias de marketing dentro da idea que desexen transmitir ó conxunto da Rede e impulsar á mocidade como axente activo á hora de dar unha visión informativa do seu tempo e espazo.
As xornadas terán lugar entre os días 16 e 18 de novembro no Salón de Actos nº 1 da Consellería de Presidencia da Xunta de Galicia (en San Caetano, Santiago de Compostela) e están abertas a toda a mocidade que se pode inscribir de balde ata completar as 250 prazas dispoñibles.
Ademais, a asistencia ás xornadas conta co recoñecemento de 1 crédito de libre configuración por parte das 3 universidades galegas, controlandose a asistencia mediante credenciais electrónicas.
O programa recolle a participación de interesantes poñentes coma Bernardo Hernández (director de marketing de Google España e Portugal), Alfonso Rojo (director de Periodista Digital), Sergio Barriocanal (director do Diario Qué), Enric Sopena (editor de ElPlural.com), Antonio Sangiao (director de Xornal.com), José Manuel Cerezo (coordinador do informe e-España), Marcelo Castelo (conselleiro delegado de Professional Training), José Ramón García (director xeral de Blu:sens), María Yáñez (directora de Vieiros), Manuel Bragado (director de Ed. Xerais e blogueiro), Marcus Fernández (subdirector de Código Cero) Javier Pedreira Wicho (un dos editores de Microsiervos) e José Manuel Lage Tuñas (o primeiro político galego con blog), entre outros, que garantirán uns contidos de interese para os mozos que queiran coñecer mellor o tecido que se agocha trala Internet.

Presentamos aquí o programa detallado:

Xoves, 16 de novembro
09.00-09.30: Entrega de documentación e credenciais aos-ás participantes.
10.00-10.30: Inauguración das xornadas: D. Manuel José Fernandez
Iglesias, Director Xeral de Comunicación Audiovisual; Mª Dolores Rodríguez
Amoroso, Presidenta do CXG
10.30-11.30: Conferencia inaugural: “Googleando”, conferencia de D.
Bernardo Hernández, Director de Marketing de Google España e Portugal.
11.30-12.00: Pausa café.
12.00-14.00: Mesa redonda: “Xornalismo 3.0: a comunicación cidadá”. D.
Alfonso Rojo, Director de “Periodista Digital”; D. Sergio Barriocanal, director
de “Diario Qué”; D. Santiago Tejedor, profesor do Dpto. de Xornalismo e CC. da Comunicación da UAB e editor do blog “Tecendo ideas”; D. Javier Monjas, editor de “Nuevodigital.com.”; Antonio Sangiao, director de “Xornal.com”.
16.30-17.30: Conferencia de José Manuel Cerezo, coordinador do informe e-España, e Secretario de Análise Telecóm España.
17.30-18.00: Pausa café
18.00-19.30: Curso de Formación: “Weblogs: O meu espazo na rede. Comunicación e Marketing” Impartido por EdanXestion.

Venres, 17 de novembro
09.00-10.00: Relatorio: D. Alberto Valderruten, Decano da Facultade de
Informática da Universidade da Coruña; D. Miguel Ángel Segovia,
Coordinador do Centro de Novas Iniciativas da Xunta de Estremadura; D.
Emilio Padrón, Presidente do Grupo de Software Libre da Universidade da
Coruña.
10.00-11.30: Conferencia de D. Carlos de la Iglesia, Director de
Comunicación de Microsoft España.
11.30-12.00: Pausa café.
12.00-14.00: Mesa Redonda: “Hai un galego na rede”. María Yáñez,
directora de “Vieiros”; Manuel Bragado, Director de Xerais e creador do blog “Bretemas.blogspot.com”; Marcus Fernández, Enxeñeiro en Informática e subdirector da revista “Código Cero”; Javier Pedreira (Wicho), editor do weblog “Microsiervos”; José Manuel Lage Tuñas, primeiro político galego que editou un weblog.
16.30-17.30: Conferencia de D. Enric Sopena, editor de “El Plural.com”
17.30-18.00: Pausa café
18.00-19.30: Curso de Formación: “Weblogs: O meu espazo na rede. Comunicación e Marketing” Impartido por EdanXestion.

Sábado, 18 de novembro
09.00-10.00: Conferencia: Políticas positivas e recursos dende a Administración. D. Ramón Basanta Cheda, Coordinador do Centro de Competencias en Comercio Electrónico; D. Manuel Gromaz Campos, do Centro de Supercomputación de Galicia.
10.00-11.30: Conferencia sobre filosofía emprendedora: D. Venancio Salcines Cristal. Director do Master de Banca e Mercados Financeiros da Universidade da Coruña e Director da revista electrónica “Economic Analisys Working Papers.”
11.30-12.00: Pausa café.
12.00-14.00: Mesa Redonda. Iniciativas emprendedoras: D. Marcelo Castelo, Conselleiro Delegado de Professional Training; D. José Ramón García, Director Xeral de Blu:sens; D. Juan Manuel Piñeiro, Xerente de ControlP; Xerente de Disaconsulting; D. Óscar Sacristán, Xerente de Lambdastream.
16.30-17.30: Curso de Formación: “Weblogs: O meu espazo na rede. Comunicación e Marketing” Impartido por EdanXestion.
17.30-18.00: Pausa café
18.00-19.30: Curso de Formación: “Weblogs: O meu espazo na rede. Comunicación e Marketing” Impartido por EdanXestion

PUBLICIDADE