En novembro porase á venda unha Wii de cor negra

mércores, 21 de outubro do 2009 Marcus Fernández

Nintendo anunciou que a partires do 20 de novembro van pór á venda en Europa unha edición limitada da súa consola doméstica en cor negra brillante, incluíndo o mando da Wii, o Wii MotionPlus, o Nunchuck e os xogos Wii Sports e Wii Sports Resort. Os accesorios da Wii tamén virían en cor negra, polo que estariamos ante unha versión moi atractiva que de seguro vai esgotar as súas unidades a grande velocidade, por combinar os xogos de máis éxito para a consola de Nintendo cunha aparencia diferente, o que habitualmente contribúe a revitalizar as vendas.
Aínda que non o anunciaron oficialmente, na páxina web da cadea GameStop publican que o prezo desta edición limitada da Wii estará á venda a 209,98 euros, prezo sumamente atractivo, xa que a Wii custa habitualmente 199,98 euros e non inclúe nin o Wii MotionPlus nin o xogo Wii Sports Resort (valorados en 49,95 euros).

PUBLICIDADE