Os tuiteiros coruñeses celebrarán a súa terceira quedada en maio

luns, 16 de abril do 2018 Marcus Fernández

En febreiro de 2016 e mobilizados baixo o cancelo #QuedadaCoruña, ducias de usuarios de Twitter congregáronse na Praza de María Pita da Coruña coa finalidade de atoparse cara a cara e, de paso, contribuír cunha causa solidaria ao achegar aos participantes alimentos non perecedoiros para o Banco de Alimentos. O éxito desta convocatoria levou á súa repetición en marzo de 2017, e para consolidar esta celebración temos que vén de convocarse a 3ª Edición #QuedadaCoruña para o 4 de maio ás 20:30 horas na Praza de María Pita.
Unha vez máis, este encontro para desvirtualizar aos tuiteiros coruñeses e favorecer a súa interacción terá unha face solidaria, e ínstase aos asistentes a achegar alimentos non perecedoiros e produtos de necesidade (cueiros, leite de continuación, produtos de hixiene persoa...) que entregaranse á Cociña Económica, á vez que tamén colaborarase con AFACO promovendo o seu proxecto #CaminoPorLaMemoria en redes sociais.

PUBLICIDADE