ElPais.com sortea un lote de libros para a mellor fotografía sobre lectura e verán

mércores, 6 de agosto do 2008 Raquel Noya

Calquera época do ano é boa para ler (e máis vivindo en Galicia onde a choiva non da tregua nin no verán) pero o estío é -se cabe- a estación do ano máis idónea para poñerse coas novelas pendentes ou esquecidas durante o resto do ano, cando non hai tempo nin para abrir a primeira páxina.
O xornal dixital El País.com, con motivo do incremento da práctica desta actividade no verán (e tamén para incentivar aos menos asiduos á lectura) vén agora de convocar un concurso de fotografía entre aqueles lectores que envíen as mellores imaxes coa temática do verán, a lectura e a literatura.
Os 10 gañadores do concurso, que convoca El País en colaboración co Grupo Santillana, recibirán un lote de 10 libros (5 deles “acuáticos”) das editoriais Alfaguara, Aguilar, Punto de Lectura e Suma.
As fotos recibidas antes do vindeiro 31 de agosto, serán penduradas na web oficial do concurso onde, no mes de setembro, se darán a coñecer os gañadores.

PUBLICIDADE