EeeRotate permite xirar o contido da pantalla do ordenador

venres, 22 de maio do 2009 Marcus Fernández

EeeRotate facilita a lectura de libros electrónicos nun ultraportátil

A entrada no mercado de ordenadores ultraportátiles de baixo custo, cunha pantalla de reducido tamaño e un peso bastante lixeiro, fixo que o interese de presentar a imaxe na pantalla xirada 90 graos tivese certo atractivo, xa que podería collerse o equipo coma se fose un libro para a lectura de textos longos, libros electrónicos ou comics, o que permite facer de xeito doado unha aplicación de balde chamada EeeRotate, que fai que cando pulsemos Control + ALT + cursor dereito do teclado xiremos a pantalla 90 graos, o que pode desfacerse premendo Control + ALT + cursor superior.
Esta funcionalidade non está operativa para todos os equipos do mercado, pero si nunha parte moi importante dos mesmos, xa que a opción de configurar o monitor para un formato vertical está presente en moitos dos seus controladores, de aí que fose doada a aparición de EeeRotate, como unha solución bastante interesante para converter un equipo informático completo nun dispositivo de lectura.

PUBLICIDADE