EA ofrece Battlefield 4 de balde durante unha semana

xoves, 7 de agosto do 2014 Marcus Fernández

Electronic Arts está a recuperar a súa promoción Game Time en Origin, que desta volta consistirá en permitir que os usuarios da plataforma de xogo de EA poidan descargar de balde o xogo Battlefield 4 na súa biblioteca de xogos de Origin e obter así unha semana completa (168 horas) de acción que poderán aproveitar os que descarguen o xogo até o 14 de agosto.
Con Game Time para Battlefield 4 pódese gozar durante unha semana enteira dunha experiencia completa, que vai dende a campaña para un xogador até o modo multi-xogador en liña de até 64 usuarios simultáneos. O tempo de proba deste xogo correrá en tempo real, aínda que o reloxo non comezará a contar cando se complete a descarga do xogo.

A promoción de Battlefield 4 pode gozarse empregando Origin, a plataforma de xogo de EA

PUBLICIDADE