EA está a traballar no novo xogo de Harry Potter
mércores, 23 de abril do 2008
- O xogo permitirá os duelos de magos
Como era de agardar, a pelÃcula Harry Potter y el Misterio del PrÃncipe,
que chegará ás grandes pantallas este ano, contará con adaptacións en
forma de videoxogo en case todas as plataformas existentes da man o estudo
EA Bright Light.
O novo xogo que narra o sexto ano de Harry Potter en Hogwarts permitirá loitas
entre magos, facer pocións máxicas e participar no torneo de Quidditch. Como
era de agardar, a versión para Nintendo Wii terá un sistema de control único,
pero iso non quita que estean á altura as adaptacións para PlayStation 3, Xbox
360, PlayStation 2, PSP, Nintendo DS, PC, Mac OS X e dispositivos móbiles.
Para coidar o realismo do xogo, os seus responsables están a colaborar
estreitamente cos creadores da pelÃcula para «crear unha experiencia interactiva e inmersiva que
capture a historia, a acción, a excitación e, sobre todo, a diversión da
pelÃcula».